O Samaín é unha celebracion de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos, pero que ten máis que ver co Día de Defuntos. Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos estase volvendo a recuperar grazas ao traballo feito nas escolas, certos concellos, etc .
Antigamente, para os celtas, os antigos poboadores destas terras esta festa era o ano novo; é dicir, o comezo doutro ciclo anual. Esta data é o 31 de outubro. Segundo as crenzas dos antigos celtas, os seus antepasados viña visitalos esa noite e púñanlles unha cabazas para alumearlles o camiño ás súas casas.
En América do Norte celébrase unha festa moi parecida, chamada aló Halloween, que non é o mesmo có Samaín, pero si moi similar e celébrase o mesmo dia do mesmo mes. Esta festa celébrase con cabazas nas casas cunha candea dentro, os nenos disfrazánse e van polas casas dicindo truco ou trato aos seus moradores,intentando apañar unhas cantas lambetadas.
Este ano no noso instituto, o IES Valadares, os alumnos e alumnas de 1º de ESO aproveitamos esta festividade celta para decorar o baixo con carteis, pancartas, cabazas personalizadas con obxectos e complementos como gorros, manoplas, sombreiros, perrucas, etc. A actividade gustounos moito e resultaba moi divertido ver algúns dos traballos.
Sara Alonso e Paula Mouriño – 1º B