Presentámonos

A Buguina, a revista do EDLG do IES Valadares de Vigo, comeza agora a soar na rede facendo unha chamada aos alumnos do instituto para reunírense ao seu redor.

Chámaos para que deixen aquí as súas noticias, as súas habilidades, os seus xogos…, todo aquilo que lles gustaría amosar aos demais compañeiros e que non daban co xeito de facelo.

Chámaos ademais para que manifesten o seu interese por facerse oír contando as súas inquedanzas, aventuras e desventuras  nesta milenaria lingua de nobres raíces latinas.

Chámaos, en fin, para que colaboren e animen a outros compañeiros a deixar aquí a semente do porvir. Quen sabe se a esta chamada non acode un futuro xornalista, enxeñeiro, debuxante, xuíz, futbolista ou cantante de éxito?

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: